Rematan as obras que provén ao Miradoiro da Pedra da Ra de sendas accesíbeis

02 Decembro 2020
default

O miradoiro da Pedra da Ra mellorou a súa accesibilidade grazas á creación de novas sendas que garanten o tránsito de usuarios con mobilidade reducida. Os visitantes poderán desfrutar dun miradoiro más accesible trala construción de dúas novas vías de acceso. Unha destas sendas conduce ata o piñeiro situado nas inmediacións, con vistas cara o Parque Natural de Corrubedo. Doutra banda, tamén se prepararon dúas prazas de estacionamento adaptadas a persoas con diversidade funcional.

O proxecto foi elaborado por Carlos Seoane, o mesmo arquitecto que deixou súa firma no 2016, logo de remodelar de forma íntegra o miradoiro. Esta actuación gozou dun gran recoñecemento, non só a nivel local, tamén internacionalmente, xa que foi seleccionada para as bienais de arquitectura de Venecia e Arxentina. Ademais recibiu os premios COAG, Enor e FAD. A

O investimento total da actuación foi de 47.795 euros, co-financiada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta. A execución foi da man de Sonense de Granitos S.L.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.