Os orzamentos do Son porán o foco no emprego, na recuperación produtiva e nos servizos sociais

09 Decembro 2020

O Concello de Porto do Son vén de compartir detalles sobre os seus novos orzamentos, que substituirán finalmente, nesta recta final de ano e tralos inevitábeis adiamentos da pandemia, a folla de ruta económica do ano anterior. O proxecto novo, que será sometido a debate no vindeiro pleno, inclúe un importante medre na contía adicada ao impulso dos investimentos en obra pública, que se sitúa nos 8,9 millóns. O obxectivo é fortalecer a xeración de emprego e produtividade.

Segundo avanzou o alcalde, Luis Oujo, o medre no capítulo de investimentos será do 9%.

Tamén haberá importantes incrementos nos capítulos de servizos sociais. En concreto, haberá máis persoal de axuda no fogar, formalizarase a incorporación dunha traballadora ou traballador social e poranse en xogo máis recursos para garantir a escolarización e a dixitalización de todas as nenas e nenos (co fin de combater a fenda tecnolóxica e asegurar que a rapazada poida continuar os seus estudos malia que se decrete a necesidade de apostar pola teledocencia). O novo proxecto debaterase no pleno do venres co fin de que entre en vigor a principios deste ano vindeiro. “Son uns orzamentos adaptados á realidade que estamos a sufrir” sinalou o rexedor, engadindo que poñen o foco na xente que máis está a recibir os embates da crise sanitaria e económica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

Era un gusto falar con el e escoitalo falar, ata que chegaba a hora de pagar. Despois devarios anos, todos esperaban todos os días a que pagara el, pero nunca acontecía o milagre.Era agarrado, un cotroso e conicho como son os coreños. Na taberna pedía do mellor,...