O pleno da Pobra celebrouse sen a presenza do PP

30 Decembro 2020

O salón plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu este martes 29 a sesión extraordinaria do pleno da Corporación, que non contou coa presenza do PP polas súas discrepancias co Goberno local respecto dos prazos da convocatoria. A orde comezou cunha proposta da Alcaldía para a determinación das festividades locais do ano que está a piques de comezar. Aprobáronse con seis votos a favor (Nós Pobra e PSdeG-PSOE) e 2 abstencións (BNG).

A seguir, tratouse outra achega da Alcaldía para o establecemento de dedicacións exclusivas, indemnizacións por asistencia a órganos colexiados e asignacións aos grupos políticos da Corporación. Aprobouse con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

Tamén se aprobaron cos mesmos votos ca no anterior o caso os seguintes puntos:

· As modificacións do proxecto do POS+2018 Beirarrúas da estrada do lugar da Ponte ao lugar de Bandaseca e do proxecto PAS 2015 Melloras no campo da alta.

· O expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 1/20.

· A modificación do contrato de subministro para a execución do Proxecto de renovación e adaptación de eficiencia enerxética RD1890/2008, dos alumeados públicos no Concello da Pobra.

Pódese ver a sesión deste martes 29 no Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

BNG denuncia a “ameaza permanente” da mina de San Finx

A pobrense Rosa Pérez, deputada do BNG, reclamou hoxe na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento á Xunta que paralice calquera concurso para a explotación da mina de San Finx, en Lousame, ata que se execute unha restauración ambiental integral...

+

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...