O Noia FS visita á UA Ceutí para pechar a primeira volta da Segunda División

04 Decembro 2020

O Noia Portus Apostoli saíra da Península Ibérica para enfrontarse á UA Ceutí na xornada 7 da Segunda División. O cadro dirixido por Marlon Velasco, despois dunha longa viaxe, tentará pechar a primeira volta cun pleno de triunfos.

O Pavillón Guillermo Molina Ríos de Ceuta acollerá a dous equipos con dinámicas e sensacións moi diferentes, pero que segundo Marlon Velasco “será un partido de moitísimo nivel, con dous dos mellores equipos da Segunda División”. Mentres os noieses contan os seus partidos por vitorias e mantéñense na cabeza da táboa, os ceutís ocupan a cuarta praza, con tan só un triunfo nos catro encontros disputados ata o momento. O partido conta con varios antecedentes no histórico da competición, xa que o pasado mes de febreiro, a UA Ceutí superou por 6-3 ó conxunto galego.

O encontro , que terá lugar no Pavillón Guillermo Molina Ríos de Ceuta, será emitido a través da RTVCE a partir das 17:30 horas. O Noia Portus Apostoli, logo de clasificarse para os oitavos da Copa do Rei, buscará volver cos tres puntos na visita máis complicada no que vai de liga, tanto pola viaxe, como polo nivel do rival.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.