O DOG publica a Oferta de Emprego Público da Administración Xeral para 2020, con 2.585 prazas de acceso libre

29 Decembro 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Oferta de Emprego Público (OEP) da Administración Xeral da Xunta para o ano 2020, que esgota a taxa de reposición marcada polo Estado e inclúe un total de 2.585 prazas de acceso libre.

Sede Central da Xunta San Caetano Santiago de Compostela

Tamén se ofertan 395 prazas para a promoción interna do persoal funcionario, uns procesos reservados a empregados públicos que xa son funcionarios e que poden acadar un ascenso ou promoción profesional a postos de traballo de maior responsabilidade e retribución. En total, a oferta na Administración Xeral ascende a 2.980 prazas.

A maiores, o decreto inclúe 3.419 prazas para a funcionarización do persoal laboral fixo, que dan continuidade ás máis de 1.400 prazas xa ofertadas nos dous últimos anos. Trátase dun proceso voluntario pactado no Acordo de concertación para a mellora das condicións do emprego público, asinado en 2019 cos sindicatos CC.OO. e UGT. e moi demandado polo persoal laboral fixo da Xunta. A diferenza da promoción interna, estas probas non teñen carácter competitivo, senón que permitirán modificar o réxime xurídico do traballador, que pasará de ser empregado laboral fixo a funcionario da Administración.

O aumento de prazas ofertadas ten a finalidade de garantir a posibilidade de que calquera persoa que cumpra os requisitos poida opositar para traballar na Xunta, garantir o dereito á promoción profesional dos empregados públicos que xa traballan na Administración galega, e continuar co proceso de funcionarización do persoal laboral fixo.

O maior número de prazas de acceso libre concéntrase no eido social, o que permitirá reforzar o persoal que traballa principalmente en centros de política social. O decreto inclúe na escala de axentes técnicos facultativos, 539 prazas para a especialidade de xardín da infancia; na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, 476 prazas para a especialidade de persoal de limpeza e cociña; na escala de técnicos facultativos, 224 prazas para educadores; 173 prazas para a escala de persoal de servizos xerais (PSX); 151 para a escala de xerocultor/a e 25 prazas para a escala de auxiliar de coidadores.

A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición, garantindo a aplicación dos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, e respectando a libre concorrencia.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...