O Concello de Pobra comeza os labores de limpeza no río das Xunqueiras

03 Decembro 2020

Os traballos de limpeza do leito do tramo dos ríos Morto e Xunqueiras comezaron este xoves 3 de decembro. O alcalde de Pobra, Xosé Lois Piñeiro, e a Concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, trasladáronse ata o perímetro para explicar que “os labores terán continuidade os vindeiros días e que inclúese a limpeza de vexetación que invade o leito e a xestión de residuos vexetais, nalgún caso alóctonos, polo que hai que actuar con prudencia e coidado”.

A empresa encargada de realizar o traballo é Tragsa e conta cun presuposto de 15.415 euros con cargo aos orzamentos municipais. O rexedor informoulles de que “se trata dunha zona recoñecida como Área de Risco de Inundacións e que se depositan alí sedimentos cada ano”. Esta é unha das razóns, dixo, polas que segue a medrar a vexetación. Sen embargo, dificulta o paso da auga. Por iso resulta imprescindíbel arranxar este problema, xa que pode poñer en perigo á cidadanía ante posíbeis asolagamentos.

Doutra banda, valórase a retirada do sedimento para mellorar a evacuación fluvial, pero xa cara vindeiros anos. O mandatario local sinalou que “a actuación no acceso ao centro educativo procurou facerse coa maior dilixencia posíbel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.