O Concello de Boiro apraza as actividades culturais previstas para o Nadal

10 Decembro 2020

O Concello de Boiro pospón as actividades culturais previstas dentro da programación de Nadal por mor da COVID–19. A Concellería de Educación, nunha xuntanza celebrada a semana pasada, sinalou que “hai que esperar a que avance a situación e mellore o número de contaxios do municipio”. Nos vindeiros días decidirase se seguen aprazadas as actividades ou ben serań reprogramadas.

A única actividade que poderá levarse a cabo será o Escape Room, xa que segundo as Concellerías de Cultura e Comercio, promove o comercio local e realizarase no exterior, en grupos reducidos de 4 persoas como máximo. De feito, hai varios días programados para o seu desenvolvemento. Poderase efectuar o 23, 26, 29 e 30 de decembro, así como o 2 de xaneiro en horario comercial. Polo momento, na iniciativa participan 24 comercios.

Os participantes do xogo, deberán buscar pistas nas imaxes que se poñerán nos escaparates dos comercios boirenses e que estarán elaboradas pola asociación Ollaparo. Isto farase a través dunha aplicación móbil. Haberá preguntas que deberán contestar en equipo para resolver ás cuestións. O equipo que consiga realizar as probas e as pistas no menor tempo posíbel, será o equipo gañador. O premio será un vale para a realización doutro Escape Room na sala Hyde Escape Room de Lugo. Tamén realizaranse sorteos entre os participantes, co fin de fomentar o comercio local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...