O Concello da Pobra entrega os diplomas do Programa Muller TIC

04 Decembro 2020

A Casa da Mocidade da Pobra do Caramiñal acolleu dende o 30 de novembro até este venres 4 de decembro as actividades formativas e divulgativas do Programa Muller TIC, unhas xornadas organizadas polo Concello e destinadas a optimizar a empregabilidade das mulleres mediante o dominio das novas tecnoloxías da información e das súas moitas posibilidades en materia de xestión, información, comunicación e, tamén, busca de traballo. As nove participantes recibiron este venres os diplomas acreditativos.

Esta acción formativa desenvolveuse seguindo a modalidade presencial, cun total de 20 horas. A docente Paula Barreiro foi a encargada de impartir as clases conformadas polos seguintes módulos: Emprego Galicia (Emprego Galicia -Emprego Xunta, Oficina Virtual, MOBEM, certificados de profesionalidade, PIE, obradoiros duais-, SEPE e Emprego de Empresa Ordinaria/Emprego Protexido -EIL, CEE-); Competencias dixitais básicas orientadas á mellora da empregabilidade (crear cartafoles, gardar ficheiros, achegar ficheiros por correo electrónico e funcións básicas do procesador de textos); e Ferramentas de busca de emprego (autocoñecemento -competencias profesionais-, perfil profesional e obxectivo profesional -análise DAFO, test para definir o obxectivo profesional, currículo -2.0 e carta de presentación- e emprego 2.0 -portais de emprego, ETT, autocandidaturas, rede de contactos, redes sociais e emprego público-).

Ademais, nos próximos meses as participantes farán un itinerario personalizado de inserción laboral (IPI).

Organizado pola Concellaría dos Servizos Sociais, da cal é titular a edil Amparo Cerecedo (BNG), este proxecto enmárcase na Red Araña e está co-financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...