O vindeiro sábado 5 de decembro celébrase o Día Internacional do Voluntariado, e o Concello da Pobra do Caramiñal presentou a campaña abeirada á dita conmemoración: Agora é o Momento. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro; o concelleiro do voluntariado, José Andrés Lojo; e as coordinadoras, Teresa Pérez e Begoña Olveira non quixeron perderse o acto inaugural do programa.
Agora é o momento! engloba distintos ámbitos do voluntariado, dende o social ata o benestar animal, pasando polo medioambiental e cultural. Esta campaña non é unha excepción no Concello da Pobra, xa que dende máis de vinte anos a acción voluntaria está dispoñíbel a través do Voluntariado ou da Protección Civil. Segundo se fixo saber na presentación deste venres, a acollida deste tipo de iniciativas foi moi boa por parte dos veciños dende sempre, o que axudou a realizar diversas actividades relacionados co voluntariado. Por todo isto, a coordinadora do programa, Teresa Pérez quixo agradecer ós veciños: “É unha actitude moi loable e que hai que agradecer”.
Doutra banda, Begoña Olveira, tamén coordinadora do programa, quixo destacar o traballo realizado ó largo de todos estes anos, e que neste 2020 se demostrou que se fai “de xeito xeneroso, altruísta e con dedicación de tempo libre cara ás demais persoas”. Pola súa parte, o rexedor, Xosé Lois Piñeiro, explicou que “con esta campaña pretendemos ampliar un pouco o abano do voluntariado e que a xente coñeza esta opción”. Ademais quixo animar a todo o mundo a poñerse en contacto e que acheguen as súas proposta xa que “agora é o momento”
Todas aquelas persoas interesadas en achega-la súa colaboración ao voluntariado do Concello da Pobra poden facelo a través do teléfono 981 832 764 –marcando as opción 2 ou 4-, mediante o enderezo electrónico voluntariadopobradocaraminal@gmail.com ou por escrito presentado no rexistro municipal.