O BNG de Noia acusa ao Concello de non emprestar atención aos servizos socio-sanitarios

30 Decembro 2020

O BNG de Noia vén de acusar ao Concello de “levar máis de dous anos sen repoñer a praza da traballadora social para a unidade preventiva – asistencial de drogodependentes da localidade”.

Dende o BNG sinalan que “as normas que regulan os servizos socio – sanitarios obrigan a que estes servizos conten con personal médico, psicolóxico e de traballo social”. Así, o partido nacionalista considera que ” a unidade que presta servizo a todos os concellos das comarcas de Muros e Noia, non é valorado polo goberno municipal”.

Os nacionalistas noieses lembran que o pasado mes de febreiro asinaron un acordo co Concello no que este comprometíase a repoñer o posto de traballo social, instaurar un servizo de recepción electrónica automática e retomar os programas de sensibilización, que non se realizaban dende 2013. Porén, a agrupación nacionalista critica agora que “o Goberno municipal non comezou aínda a arranxar os problemas”.

Se ben o Concello explicou que a situación de pandemia que sufrimos dende o mes de marzo provocou “a paralización de determinadas actuacións e o impedimento de varias actividades”, o portavoz do partido nacionalista, Ricardo Suárez, expón que “a crise sanitaria mudou as problemáticas das dependencias facendo máis importante que nunca este servizo”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.