Noia anima o Nadal con concursos de escaparates, panxoliñas e premios

18 Decembro 2020

Noia Histórica presentou este venres a campaña de Nadal Noia Preto de ti, que pretende animar as rúas da vila. A concelleira de Comercio, Laura Salgado, explicou as actividades que se van a realizar a partir do día de xa, todas elas programadas para garantir a máxima seguridade sanitaria. Haberá un concurso de escaparates no que participarán 38 tendas, un belén en Santa María, panxoliñas no centro histórico e rascas con premios. Amais Papá Noel virá no seu trineo o día 23 e 24 de decembro para devolver a maxia aos máis pequenos.

Doutra banda, terá lugar unha campaña de apoio á hostalería, na que se regalarán tíckets de consumición por compras. Aqueles que realicen compras superiores a 30 euros, terán 1 café de balde, mentres que os veciños que gasten máis de 50 euros, poderanse levar un refresco ou unha caña. Amais, a quen faga compras superiores a 130 euros, regalaráselle un menú ou un desconto para algún establecemento. Isto será posíbel ata o 6 de xaneiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...