Lía, unha nena de catro años de Noia, gañadora do concurso de postais do Nadal do Colexio de Podólogos

21 Decembro 2020

O Colexio de Podólogos de Galicia outorgou o premio do seu concurso de postais do Nadal a Lía, unha nena noiesa de catro anos. A segunda edición do certame, que vai dirixido a nenos e nenas de entre tres e seis anos, ten como principal propósito que os máis pequenos presten atención a seus pés e coñezan máis sobre o seu coidado.

Desta volta, o deseño de Lía saíu gañador entre máis de 460 propostas por nenos de todo Galicia. A postal de Nadal, que se converterá na postal institucional coa que se felicitarán as festas, recrea uns edificios en forma de pés, coa lenda Por un Nadal sempre en pé, facendo alusión ao tempo pasado en confinamento durante este ano.

Doutra banda, a gañadora recibirá de obsequio unha caixa de agasallo dunha “estadía familiar e actividades e parques temáticos”, onde poderá elixir entre os máis de 500 hoteis con actividades familiares e entradas a parques temático de España, Andorra e Portugal. Ademais, tódolos participantes recibirán como premio un set de pintura.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.