En Boiro un corazón vermello para a recollida solidaria de tapóns

12 Decembro 2020

O Concello de Boiro coloca un corazón vermello nas inmediacións da
Praza de Galicia para a recollida solidaria de tapóns. A veciñanza pode
depositar nel os tapóns de plástico de botellas, que serán doados a diferentes asociacións benéficas que destinan os fondos recadados cos mesmos a accións e investigación para diferentes causas.

Este elemento de almacenaxe para a recollida de tapóns ten forma de
corazón e, este modelo de proba colocouse diante da Casa Consistorial de
Boiro. Os traballadores municipais traballan xa na elaboración de outros
deseños para colocar en outros núcleos do municipio e que a veciñanza poida depositar nel os tapóns reciclados para destinar a accións solidarias.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.