Elefante Elegante levará o seu espectáculo Patapatúm ao Auditorio de Rianxo

17 Decembro 2020

O vindeiro sábado 2 de xaneiro ás 19.00 horas a compañía Elefante Elegante estará na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co espectáculo Patapatúm, obra gañadora do Premio María Casares, na categoría de Mellor Espectáculo Infantil 2019. A peza, de 45 minutos e destinada a público infantil e familiar a partir de catro anos, é unha das propostas da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A entrada será de balde, previa solicitude de reserva de localidades no correo auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no teléfono 664 183 217, do 21 ao 29 de decembro de 9.00 a 13.30 horas en días laborais.

Trátase dun espectáculo de teatro visual sen palabras que inclúe música dixieland e máscaras e que basea a súa comunicación (estreita) co público a través da marcada expresividade dos personaxes. Patapatúm é unha obra que convida a reflexionar sobre o tempo, a nenez e os métodos que usamos para encher os baleiros das nosas ausencias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...