Desvélanse os vídeos premiados no certame noiés NindeBroma

10 Decembro 2020

O Concello de Noia, a través da Concellería de Servizos Sociais, vén de dar a coñecer as contribucións finalmente premiadas na campaña NindeBroma, que consistiu nun concurso audiovisual para rapazas e rapaces menores de 18 anos dirixido a estimular a súa creatividade e o seu talento para combater, conxuntamente e nas redes sociais, a lacra da violencia de xénero.

O certame, unha das actividades do programa conmemorativo noiés do pasado 25N, concedeu o primeiro premio ao audiovisual Soy mujer y no hay nada de malo. O segundo premio foi dar a Yo no me callo e o terceiro á curtametraxe 016.

Segundo engaden dende Servizos Sociais de Noia, ao longo destes días realizarase a entrega oficial de galardóns.

Os agasallos ás premiadas serán vales de compra por valor de 200 euros (o primeiro), de 150 (o segundo) e 100 (o terceiro). Segundo se especifica nas bases da iniciativa, os vales deberán ser consumidos en establecementos locais de Noia.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.