Boiro reduce o horario de apertura dos aparcamentos municipais

O Concello de Boiro vai reducir o horario de apertura dos aparcamentos
municipais da Praza de Galicia e de A Boqueira de A Negral mentres dure a
situación de nivel máximo de restricións do termo municipal. Deste xeito, o
aparcamento da praza de Galicia estará aberto dende as 7.00 ata as 21.00
horas e o aparcamento de A Boqueira de A Negral estará aberto de 10.00 a
20.30 horas.
Tendo en conta as restricións coas que conta Boiro, como o peche das
terrazas ás 17.00 horas, decidiuse reducir o horario de apertura dos
aparcamentos municipais e que estes presten servizo so en horario de apertura comercial, da praza de abastos e supermercados.