Boiro lanza un vídeo para reivindicar os establecementos locais e pechar fileiras arredor deles

22 Decembro 2020

O Concello de Boiro colabora coa Asociación Boirense de Empresarios (ABE) e os demais establecementos comerciantes e hostaleiros do municipio nun vídeo promocional sobre o seu traballo: o vídeo Xuntos, Mellor. Tanto no lanzamento do audiovisual como no seu contido ponse de manifesto o importante labor despregado polo tecido produtivo boirense neste ano marcado pola COVID-19 e as graves consecuencias económicas e sociais xeradas pola pandemia.

A finalidade deste spot é “resaltar a repercusión que o comercio e a hostalería locais teñen no municipio” e transmitir á veciñanza “a importancia que supón, para todos e todas, mercar e consumir nos establecementos locais”.

O Concello explica que o vídeo contou coa colaboración de comerciantes e hostaleiros locais, así como da implicación do grupo boirense Triángulo de Amor Bizarro, que foi o encargado de poñer a música do audiovisual.

Con el, engade o Goberno local, preténdese “mostrar á veciñanza que o tecido económico do municipio é unha gran engrenaxe e que todos e todas formamos parte dela”.

O Concello tamén explica que o vídeo vén a completar a campaña de Nadal impulsada dende o Consistorio e dende a ABE, a prol do comercio e a hostalería locais. Xunto co departamento de cultura municipal programáronse unha serie de actividades para estas festas, pero que “por mor da situación epidemiolóxica tiveron que aprazarse”, explica o Concello, engadindo que das actividades previstas, si se mantén o Escape Room polos comercios do municipio que vai realizarse os días 23, 26, 29 e 30 de decembro, e o día 2 de xaneiro e para o que xa están as inscricións abertas.

A ABE continúa coa campaña de Nadal que consta da entrega de rascas con 3.200 premios directos como paraugas, cuncas, bolsas… ao mercar nos comercios asociados, e un sorteo final do Sueldazo ABE de 300 euros durante 6 meses. A entidade impulsou tamén este nadal o Bono Regalo ABE, unha caixa-agasallo que se pode mercar co importe que se desexe. Xa se levan vendidos máis de 19.500 euros que serán utilizados en preto de 200 establecementos de Boiro.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.