As mulleres da Pobra, co-protagonistas dun documental sobre o traballo feminino no rural

24 Decembro 2020

A Área de Igualdade da Deputación da Coruña, xunto con representantes dos Concellos da Pobra do Caramiñal, Muxía, Ortigueira, Teo e Aranga, presentou este 23 de decembro un audiovisual destinado a visualizar o importante papel despregado polas mulleres, dende todos os ámbitos (económico, laboral, empresarial, cultural, social), nas nosas vilas, aldeas e núcleos máis miúdos de poboación.

Na presentación (online) do documental O rural de todas participou a deputada de Igualdade, María Muíño, parte das mulleres que protagonizan o audiovisual, as concelleiras de Igualdade de Muxía, Olalla Benlloch; de Teo, María López; da Pobra do Caramiñal, Rosario Varela, o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, ademais da axente de emprego do concello de Aranga, Pilar Laxe.

A presentación retransmitiuse a través do Youtube da Deputación. Nesta mesma canle ficou visíbel o documental, que ás poucas horas de ter sido subido xa amoreaba medio milleiro de reproducións. Nel, destacouse, participan preto de medio cento de persoas. O seu cometido foi “contribuír a unha maior visibilidade do traballo das mulleres do rural a través de historias e experiencias diversas que axudan a unha maior sensibilización sobre a importancia dos traballos que as mulleres desenvolven na sociedade”. A peza está producida por Nova Xestión Cultural / Volvemos a Primera con dirección de Adriana Castro e Pablo Cacheda.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.