As bandas Human e Broken Peach tocarán nas próximas semanas na Pobra

01 Decembro 2020

A banda Human, un trío de rock e soul formado por Martín Sánchez, Marcos Outeiral e Ricardo Boo (músicos pobrenses), debutará o sábado 12 na localidade. Do mesmo xeito, o grupo vigués Broken Peach, que fusiona música e espectáculo nas súas actuacións e interpreta varios estilos, tocará na Pobra o sábado seguinte, 18 de decembro. Os concertos celebraranse no teatro Elma ás 20:00 horas, pero as portas comezarán a abrir a partir das 19:15 da tarde.

A iniciativa foi proposta pola Concellería de Cultura do Concello da Pobra, da man da produtora Silencio Roto. Estes sinalan que “en todo momento, respectaranse as medidas por mor da COVID–19”. As persoas que queiran asistir, deberán reservar a súa entrada de balde a través do seguinte teléfono de contacto: 678 998 247.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.