A Pobra oferta o obradoiro A creatividade na diversidade con temática do Nadal

01 Decembro 2020

A Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal organiza o obradoiro A creatividade na diversidade. Trátase dun taller de Nadal dirixido a adolescentes con diversidade funcional co obxectivo de incentiva-las habilidades sociais mediante a creación artística e atendendo a temática propia destas datas próximas. Unha decisión que se toma, tal e como expuxo a concelleira Amparo Cerecedo (BNG), “unha vez falado nós con moitos usuarios dos Servizos Sociais puidemos verificar que a situación derivada do coronavirus influíu negativamente no desenvolvemento cognitivo destes rapaces e rapazas, polo que decidimos face-lo obradoiro e a
proposta de moitos deles foi realizalo en decembro debido a que son datas
significativas.”
As clases impartiranse nas aulas da confraría pobrense os luns, mércores e
venres do mes de decembro, en horario de 16.00 a 19.00 horas.
Os grupos estarán formados por un máximo de 6 persoas, pero, de se produciren máis inscricións, cabe a posibilidade de incrementa-lo número de grupos, ademais de ampliar e reestruturar horarios.
Debido á situación derivada do coronavirus, as clases terán límite de prazas. As persoas interesadas poden solicitar máis información a través do teléfono de contacto do Concello, 981843280, ou dos Servizos Sociais, 981832764. O prazo para se anotar manterase aberto ata 15 de decembro.
Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.