A Pobra achega a opción de conciliar de cara ao 7 de decembro

03 Decembro 2020

Hoxe informaban dende o Concello da Pobra do Caramiñal que, a través da Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), vanse achegar uns obradoiros de conciliación na xornada do día 7 de decembro. Estamos a falar dunha idea que xorde hai 4 anos e cuxo obxectivo reside en favorecer a conciliación. Engadir que as ditas actividades desenvolveranse no CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 9 a 14 horas, estando encamiñadas a crianzas nadas entre 2009 e 2017.

O prezo é de 3 euros por nena/neno, aplicándose un desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a.

Asemade, esta proposta inclúe o Servizo de Madruga, cuxo custo será de 1 euro pola entrada do cativo/cativa a partir das 8 horas, e de 1’50 euros dende as 7.30 horas. Alén disto, haberá opción da prestación de comedor, entre as 14 e as 16 horas, para dar maiores facilidades ás familias usuarias.

As persoas interesadas poden solicitar información e formalizar a súa inscrición nas oficinas de Deportes do Concello, situadas na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, dende as 9.30 até as 14.30 horas, cos teléfonos de contacto 981 832 590 e 981 831 545. Informar que a data límite para se anotar é este 4 de decembro.

Subliñar que se seguirá o protocolo e as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.