A morte de 7 mulleres pola Covid-19 soben a 1.257 as vítimas en Galicia

06 Decembro 2020


Sanidade informa que a morte de sete persoas que estaban diagnosticadas de covid-19, tres delas usuarias de residencias de maiores elevan a 1.257 os mortos na Comunidade.

Segundo informan as autoridades sanitarias na tarde deste domingo, cinco das novas vítimas rexistráronse no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( Chuvi). Destas, dúas –mulleres de 91 e 84 anos– procedían da residencia Vila do Conde de Gondomar, mentres que o resto eran mulleres de 93, 83 e 84 anos, respectivamente.

Ademais, o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo notificou a morte dunha paciente, de 95 anos de idade, que permanecía ingresada con covid-19. Finalmente, outra muller de 95 anos que se contaxiou de coronavirus perdeu a vida no interior da residencia San Antonio de Beariz.

Un total de 46.226 pacientes xa están curados. A día de hoxe hai 6.320 pacientes en seguimento nos seus domicilios. O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.