A Marea de Noia pide que o estacionamento Xuíz Falcone sexa de balde

10 Decembro 2020

A Marea Cidadá de Noia vai iniciar unha campaña para esixir a gratuidade e o libre uso do céntrico estacionamento Xuíz Falcone. Segundo explica a plataforma, “non se comprenden os porqués de contar cun aparcadoiro pagado con cartos públicos que teña que funcionar cun sistema de aluguer de prazas, negando así o seu uso para a maioría”. Esta reclamación insírese nunha das grandes liñas de actividade da Marea noiesa: reclamar para a cidadanía estruturas, edificacións e proxectos que se financian con cartos públicos.

Para a agrupación, o caso do devandito estacionamento é un caso especialmente grave que supón, nas súas palabras, “unha dobre traizón á veciñanza”. Por unha banda, porque “ten moitas prazas libres de continuo”, polo “que non cumpre a súa función orixinal”, e pola outra porque ao ser de pago “a maioría da xente vese privada dun servizo que xa pagou por adiantado”, explican.

Dende a Marea Cidadá deféndese a necesidade de derogar a actual ordenanza fiscal e
de regulamento referente ó aparcadoiro, e aprobar unha nova ordenanza de
estacionamento temporal limitado e de balde. “Deste xeito, o conxunto da cidadanía poderá
facer uso do aparcadoiro, e cumprirá a súa función de desconxestión e axuda ao pequeno
comercio”, engade a agrupación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...