A Escola de Música Tradicional de Lousame consolídase co aumento de alumnado

03 Decembro 2020

A Escola de Música Tradicional do Concello de Lousame está a ter unha moi boa resposta por parte dos veciños á hora de anotarse ás súas clases. Esta situación fai que o proxecto se consolide no municipio, cun total de vinte alumnos e alumnas que acoden tódolos martes ás clases de Fernando Docampo na Casa da Cultura municipal.

A pandemia da COVID-19 fai que as clases sexan moi personalizadas, para evitar así calquera risco innecesario. A iniciativa, impulsada pola asociación O Son do Pote, organiza as clases mediante a división de grupos de catro alumnos e alumnas para crear música con instrumentos tradicionais galegos.

A día de hoxe, a Escola de Música Tradicional está pendente da evolución da pandemia para poder novas iniciativas en marcha: “neste momento non podemos facer actuacións, que é unha das partes que máis desfrutamos”, afirmou o presidente de O Son do Pote, Francisco Valiño. Doutra banda, a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, sinala que “para o Concello de Lousame é unha honra contar cunha escola de música tradicional como a do Son do Pote”.

A asociación de música tradicional agradece o bo trato recibido tanto polo Concello como por parte do alumnado, dende a creación da Aula de Lousame da UNED Sénior fai sete anos ata a entrada do músico Fernando Docampo como profesor, que dou pé á Escola de Música Tradicional. “Agora decidimos facer clases máis individualizadas, e o Concello apoiounos totalmente na creación”, apuntou o docente responsable, Fernando Docampo.

O Concello de Lousame impulsou este proxecto coa subvención económica e a cesión do espazo da Casa da Cultura para impartir as clases. A matrícula para inscribirse na Escola de Música Tradicional de Lousame está aberta durante todo o ano, mais este ano non é posible inscribirse dado que as limitadas prazas, por mor da COVID-19, está ocupadas.

Outros artigos

O BNG denuncia o abandono da planta de Servia

O BNG denunciou este venres “o deterioro planificado” ao que as Presidencias da Mancomunidade Serra do Barbanza e o Goberno galego “someteron” durante aos últimos anos á planta de Servia, en Lousame, e ao seu modelo de reciclaxe. “Estamos falando dunhas instalacións...

+

Un grupo da UNED Sénior Coruña visita o museo das Minas de San Finx

Un grupo de integrantes da UNED Sénior Coruña visitou na mañá deste martes 24 de febreiro o museo das Minas de San Finx, onde mantivo unha reunión cos seus compañeiros da UNED Sénior de Lousame. O alcalde de Lousame, Esteban Ares, desprazouse ata o poboado mineiro...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.