A Cofradía da Dorna agasalla suadoiros á comunidade de AMBAR

22 Decembro 2020

Este 22 decembro a Real e Ilustre Cofradía da Dorna, impulsora da histórica festividade ribeirense do mesmo, formalizou una acto solidario coa asociación local AMBAR de persoas con diversidades funcionais e cognitivas, coincidindo co inicio das vacacións de Nadal. En concreto, a confraría fixo entrega ás e aos integrantes da asociación dun lote de suadoiros dorneiros, “un agasallo que representa o noso compromiso coas iniciativas sociais de AMBAR e un exemplo da alianza que existe entre ambas entidades”, explicaron dende a confraría.

A Cofradía da Dorna, que ten unha masa social de case 1.500 persoas, lembrou que foi en orixe unha entidade solidaria, que xurdiu co obxectivo de botar unha man a aqueles mariñeiros local que non tiñan recursos para realizar o seu labor diario. Esta vontade social segue presente, explica a directiva da entidade, de aí o compromiso con AMBAR, entidade coa que se ten colaborado nas anteriores edicións da Festa da Dorna a través do fondo social co que conta a confraría. AMBAR agradeceu novamente a colaboración da irmandade dorneira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.