A Casa da Cultura da Pobra acolle a mostra fotográfica sobre Madagascar de Elena Aycart

03 Decembro 2020

Dende A Pobra do Caramiñal chegaba hoxe o aviso da inauguración da exposición fotográfica Madagascar: a illa única, de Elena Aycart, compilación de imaxes que se poderán ver na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler dende este 3 de decembro deica o 6 de xaneiro.

As encargadas da presentación foron a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE) e a propia artista, Elena Aycart.

En canto á mostra, dicir que consta dun total de 28 imaxes que reflicten a realidade deste anaco de África “tan descoñecido para moitos. Segundo apuntou a propia autora, con esta exposición preténdese “non só destacar o aspecto estético, senón algo moito máis profundo que conteñen: a realidade que hai detrás desta illa” para sensibilizar sobre ela.

A autora deste traballo, Elena Aycart (Madrid, 1990), explicou que Madagascar salienta polo seu ecosistema rico, con gran parte da fauna e flora endémicas, pero tamén salienta por ter que facer fronte a problemas humanos e ambientais. Entre os seus maiores desafíos está a deforestación, que supón un reto para a poboación local e para a biodiversidade, á cal hai que sumar a porcentaxe de persoas que viven por debaixo do limiar da pobreza e sofren malnutrición. Así, o obxectivo deste proxecto fotográfico é dar a coñecer esta realidade e reflexionar sobre as posíbeis solucións, para que no futuro Madagascar continúe a ser unha illa única.

Engadir que a viaxe tivo lugar a finais de 2019 da man da Sociedad Geográfica Española e de Emma Lira, redactora de guías para Lonely Planet e colaboradora da National Geographic.

A fotógrafa quixo engadir que arestora atópase vinculada á localidade, amais de se atopar inmersa na realización dunha serie de acuarelas e pinturas relacionadas coa Pobra para “visualizar esta zona”.

Subliñar que as visitas a esta exposición pódense realizar de luns a venres, en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.