Visita á base de Protección Civil de Noia

12 Novembro 2020

O alcalde do Concello de Noia, Santiago Freire Abeijón, acudiu este mércores pola tarde á visita da base de Protección Civil da localidade, acompañado da concelleira de protección civil, Ana García e dous deputados provinciais Blas García e Sandra González. O obxectivo da cita foi verificar o equipamento, as instalacións e os vehículos do servizo de Emerxencias do Concello.

Doutra banda, tratáronse cuestións como a da colaboración da Deputación no financiamento para o funcionamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal. Este equipo incorporouse hai pouco ao grupo de Emerxencias de Galicia, concretamente despois da visita de onte, realizada por Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta de Galicia. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal non só cubrirá as emerxencias do Concello de Noia, senón que tamén realizará os traballos correspondentes nos Concellos de Lousame e Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...