“Un pobo sen futuro”. Celia García Pillado

Dende fai varios días nos están chegando noticias moi preocupantes sobre o conflicto do Sahara Occidental donde Marruecos rompe o pacto de non agresión. O Sahara, ocupado ilegalmente por Marruecos dende o ano 1975, cando España os abandona despois da famosa Marcha Verde e conforme o disposto nos acordos de Madrid.
Non vou afondar en temas políticos e de interéses comerciais, nin da importancia que ten a zona militarmente, se non que me vou centrar no vínculo que me une a min e a toda a miña familia co pobo saharaui.
Alá polo ano 1998, si a miña memoria non me falla, no CEIP de Palmeira organizase unha charla para presentar o Programa Vacacions en Paz, á cal acudimos varias compañeiras membras da AMPA, en aquel momento nós sabíamos algo do conflito pero non tiñamos moita información sobre o tema en cuestión. Se nos explica en que consiste o citado progama, e unha compañeira máis eu interesámonos por el. Tratábase de acoller a unha nena ou neno a pasar aquí os dous meses de verán, xa que nos campamentos de refuxiadas onde viven as temperaturas alcanzan ata os 50 grados en alguhas ocasións. Esa tarde ao chegar a casa expoño o tema diante da miña familia, estando todos de acordo co acollemento.
A partir de ese momento, a miña compañeira e mais eu poñemonos en conctato cos S.S. do Concello de Ribeira para presentar o proxecto, pois tiña que estar supervisado por dito servizo , e facernos unha serie de entrevistas para saber si as nosas familias eran aptas para acoller ós nenos, e tamén a parte económica, xa que os concellos facíanse cargo do custe da viaxe e a consellería de sanidades dos gastos médicos. O resto dos gastos: manutención, roupa, calzado… corrían a conta da familia acolledora. Non foi doado que o concello aceptase o programa, pero grazas a perseverancia da miña compañeira por fin se levou a cabo con bastante éxito por boa parte da cidadanía.
Non vou a exterderme mais nos temas burocráticos, esto é a grosso modo como empeza a experiencia que marcaría para sempre as nosas vidas.
Por fin, despois de varios meses de papeleos fomos aceptadas como familia acolledora ,e se nos comunica que os nenos e nenas chegaran a primeiros de xullo, o nerviosismo apoderouse de toda a familia, era unha experiencia nova para todas, tamén nos entraron dubidas si seriamos capaces de levar a cabo o reto que se nos poñía por diante; partindo da base que son nenas e nenos que non coñecen casi o idioma, a maioría nunca saiu dos campamentos, nunca se separaron dos seus pais, saen a un mundo descoñecido para elas.
Recordo perfectamente ese día, era luns, un maravilloso dia de verán, e as familias elexidas estábamos en S.S. esperando a chegada das nenas e nenos. De repente escoitamos un bullicio e alí estaban, frente a nós, asustados, cansos… levaban viaxando case dous días. Chegou a hora de asignar os nenos ás familias, os criterios ían por unha serie de varemos: idade dos nenos, nenas da familia acolledora entre outros .
Estabamos agardando, cando, entre todas as persoas que alí nos atopábamos vexo unha nena cunha preciosa melena rizada nun rincón observando moi atenta todo o que alí acontecía, tempo despois nas largas conversas que tivemos confesoume que estaba moi asustada; pero
cal foi a miña sorpresa, que aquela nena chamada Hassina Min foi a miña filla de acollida dende aquel preciso momento ata o de agora, sendo xa avoa de dous preciosos netos chamados Maruf e Min.
Pero volvamos a ese día, chega a hora de vir para a casa, eles viñan acompañadas por unha monitora q facía ás veces de enlace entre as familias e os nenos. Nunca olvidaren moitas das vivencias que tiven con Hassina ó longo de todos os anos que comparteu os verans con nós,
pero unha delas foi a primeira vez que me dou a man , apretouma tan forte que pasados tantos anos parece que a sigo sentindo. Tamén recordo a primeira vez que veu o mar, non se pode describir con palabras…ou a luz eléctrica, non facía mais que darlle o interruptor, ou a cisterna do wc…,a primeira noite deitouse na cama e apareceu no chan, decía que estaba mais
cómoda. Podría estar horas escribindo todo tipo de vivencias con Hassina pero sei que non podo resumir tantos anos en un pequeno relato.
A asociación de Amigos do Pobo Saharaui organizaban, creo recordar, duas viaxes ao ano aos campamentos, por semana santa e a ponte da constitución, e alá nos embarcamos varias familias acolledoras en outra nova aventura, a viaxe toda unha experiencia!, convivimos cas nosas familias saharauis, si, porque as consideramos parte da nosa familia, unha semana donde nos ofreceron a sua hospitalidade, compartiron o seu cariño e solidariedade. A todos nós nos deron unha lección de vída ensinándonos a compartir o pouco que teñen cos seus semellantes. Non esquecerei xamáis desta viaxe as largas conversas que tiven ca nai biolóxica de Hassina, sobre toda nunha delas na que me decía que ela lle había dado a vida pero nós lle
mostramos un mundo que ela nunca lle podería mostrar; en ese momento púxenme na pel desa nai, a dor, a impotencia e o sufrimento que ten que vivir este pobo para ter que mandar aos seus fillos a miles de km xunto a unhas persoas que nin sequera coñecen.

Hassina sigueu vindo ata os 15 anos por que ten problemas de saúde, incluso un dos veráns que veu, a súa saúde agravouse e tivo que quedarse ano e medio para recuperarse, durante este tempo estivo escolarizada no colexio de Palmeira integrándose perfectamente co resto do alumnado. Aproveito dende aquí para dar as grazas a toda a comunidade educativa e o equipo directivo en particular .

Hassina é unha nena extrovertida, todo o pobo a coñecía, aínda hoxe despois de tantos anos me preguntan por ela, e numerosas persoas lle mandan regalos e cartas.
Eu non voltei mais ós campamentos, pero teño moitas ganas de volver e poder abrazar a toda a familia, aínda que temos un embaixador na causa que é o meu cuñado Ramón, que viaxa todos os anos.
Esto foi un anaquiño da nosa historia co pobo Saharaui.
España ten unha débeda histórica cun pobo que deixou á súa sorte fai mais de cuarenta anos, levan loitando polo seu territorio xeración tras xeración, vivindo na absoluta miseria, e a comunidade internacional mira para outro lado, por iso esta loita debe ser a loita de todos os demócratas e defensores dos dereitos humáns, non é,hora xa de enmendar os erros do pasado?
PAREMOS O XENOCIDIO DO POBO SAHARAUI