“Toda unha vida”. José Manuel Pena

23 Novembro 2020

Deixouna o seu noivo cando, con 18 anos, quedou embarazada.
Máis traballo e maior responsabilidade, ao que xa estaba afeita desde os 10 anos. Non se esquece de que, estando no ventre da súa nai, o seu pai marchouse a Cuba e nunca máis regresou. A súa existencia non foi cor de rosas. Agora, que xa non espera nada máis da vida, convive coa súa nova familia nunha residencia de maiores.
Un sorriso permanente recibe a todos os que se lle achegan.
É consciente de que tantos avatares, desgustos e loita constante pola supervivencia e para sacar adiante á súa familia non lle van a impedir que modifique o seu rostro. Foron moitos os anos en que Amparo, xunto ao seu marido, traballaron unhas terras e habitaron unha vivenda pola que pagaban unha renda anual aos seus donos. Dos froitos da terra tamén entregaban unha parte importante aos seus arrendadores.
Traballar de sol a sol, incluído os domingos e festivos, só permitíalle poder limpar e ordenar a casa polas noites. Grazas a que se foron da aldea, cara á capital, puido traballar os últimos 10 anos como empregada de fogar, o que lle permite agora poder gozar dunha pequena pensión de xubilación. Ser muller sempre foi difícil, moito anos por aqueles tempos.
Eran tempos difíciles. A pesar de todo puido sacar adiante aos seus dous fillos e gozar dos seus catro netos, unha vez cada quince días. O traballo e a distancia á residencia de maiores non lles permiten moitas máis visitas. Actualmente dedícase a contaxiar a súa alegría ao resto de usuarios do centro. Síntese unha privilexiada por vivir tan intensamente e coa saúde
suficiente para chegar aos 90 anos.

Outros artigos

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.