Ribeira quere reducir o 43% das emisións de Co2 no municipio no 2030

27 Novembro 2020

O Concello de Ribeira xa ten nas súas mans o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACE): o documento destinado a sentar as bases para a redución das emisións de dióxido de carbono no noso municipio de acordo co compromiso asumido no marco do Pacto dos Alcaldes polo Cambio
Climático e cuxa aprobación será abordada no pleno ordinario do luns.
Este plan comprende un total de 20 accións distribuídas en 5 liñas
estratéxicas que, segundo o estudo, permitirían reducir un total de 63.233
toneladas para o ano 2030 que equivalen a un 42,96% das emisións
correspondentes a 2010. A este respecto, cómpre explicar que o documento destaca as importantes inversións realizadas no período 2010- 2020, estimadas en 2.660.000 euros, ocasionadas pola substitución de toda a iluminación pública exterior do termo municipal, que era de vapor de sodio, por novas luminarias led de baixo consumo. As cinco liñas
estratéxicas son:
 Redución do consumo eléctrico municipal, aumentando a súa
eficiencia, tanto en instalacións públicas como privadas, edificios,
equipamentos e alumeado público e semafórico.
 Fomento das enerxías renovables.
 Aposta pola mobilidade sustentable implicando actuacións no
transporte público e privado.
 Colaboración cos cidadanía na creación de hábitos máis eficientes
enerxeticamente.
 Adaptación das estruturas do Concello para o desenvolvemento das
accións necesarias.
E as 20 accións, que suman un investimento estimado de 1.112.000 euros:

  1. Creación da figura de xestor enerxético no ámbito municipal
  2. Certificación enerxética de edificios municipais.
  3. Estudo e proxecto de instalación de paneis fotovoltaicos en
    equipamentos públicos.
  4. Renovación das instalacións de alumeado interior en edificios
    municipais.
  5. Instalación de caldeiras de biomasa en equipamentos municipais.
  6. Renovación do alumeado público exterior.
  7. Campaña para o aforro enerxético no fogar e nos servizos.
  8. Mellora da cualificación enerxética en edificios residenciais e
    terciarios.
  9. Fomento das enerxías renovables no sector residencial.
  10. Fomento do cambio de caldeiras de gasóleo a caldeiras de
    biomasa e instalación de captadores solares térmicos.
  11. Fomento do autoconsumo colectivo.
  12. Plan renove de electrodomésticos.
  13. Renovación do alumeado interior no ámbito doméstico.
  14. Ordenanza de construción sostible.
  15. Campañas para o fomento da recollida selectiva.
  16. Continuación da implementación do Plan de Mobilidade
    Urbana Sostible.
  17. Renovación do parque móbil privado e fomento de
    combustibles non convencionais.
  18. Rede de puntos de recarga para vehículos eléctricos.
  19. Creación dunha bolsa local para compartir coche.
  20. Sistema de alugueiro de bicicletas eléctricas.
    O PACE recolle tamén un segundo paquete de accións de adaptación,
    estas últimas co obxectivo de aumentar a resiliencia do municipio fronte ao cambio climático e cuxa valoración económica depende do alcance que se lle queira dar. Serían as seguintes:
  21. Campañas para o fomento da compostaxe
  22. Construción de planta de transferencia de residuos
  23. Protección dos sumidoiros de carbono do Concello
  24. Incremento da presenza de arboredo en terreos urbanos
  25. Instauración progresiva dunha rede separativa de augas residuais
  26. Implantación de novos tramos de tarificación no consumo de auga
    para incentivar o aforro
  27. Ordenanza municipal para o consumo responsable da auga
  28. Campañas de sensibilización sobre os impactos e a adaptación ao
    cambio climático
  29. Control de prevención de pragas
  30. Hortas ecolóxicas urbanas
  31. Construción con criterios bioclimáticos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...