Ribeira acendeu un chamativo alumeado de nadal coincidindo co venres negro

28 Novembro 2020

Coincidindo coa primeira xornada da campaña ideada pola asociación de empresarios con motivo do Black Friday, Ribeira encendeu o seu alumeado de nadal a última hora da tarde do venres. Os adornos chamaron a atención dos veciños polo espectacular, xa que o Concello de Ribeira optou por manter unha iluminación similar a de anos pasados, cun gasto ao redor dos 84.000 euros.

Praza do Concello alumeado Nadal Ribeira. Beatriz Martínez

Entre os elementos máis destacados figuran unha campá xigante que preside a Praza do Concello e que ocupa o lugar da vella palmeira que tivo que ser contada o pasado verán, e unha árbore con luces intermitentes de case vinte metros de altura que foi instalado no Malecón. Tamén chaman a atención os catro pórticos colocados nos extremos das rúas peonís Galicia e Rosalía de Castro. Outro dos puntos fortes da iluminación do Nadal de Ribeira é a praza da igrexa, que durante estas festas estará engalanada con dous anxos luminosos.

Rosalía de Castro- Praza do Concello alumeado Nadal Ribeira. Beatriz Martínez

O aceso da iluminación coincidiu coa xornada de arranque da campaña do Black Friday, na que participan unha trintena de negocios da cidade, entre tendas e establecementos hostaleiros. A iniciativa prolongarase ata este domingo. O concello optou por adiantar o aceso no centro urbano para impulsar ao comercio e a hostalería, e que nos próximos días engalanaranse tamén as diferentes parroquias con rechamantes motivos luminosos.

Rosalía de Castro alumeado Nadal Ribeira. Beatriz Martínez

Tal como xa informamos en O Barbanza, o Ribeira Store ofrece tres días de descontos ao abeiro do Black Friday, días nas que os clientes recibirán unhas tarxetas que, unha vez cubertas cos datos persoais, permitiranlles entrar no sorteo de 700 vales de compra e dunha sesión nun spa para dúas persoas. Para facilitar as compras, os establecementos adheridos tamén entregarán tarxetas de aparcamento gratuíto. A identidade dos afortunados coñecerase o próximo día 2.

Praza do Concello alumeado Nadal Ribeira. Beatriz Martínez

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...