Rematou o cribado de Ribeira a persoas de entre 40 e 50 anos cunha participación do 65%

15 Novembro 2020


O cribado realizado en Ribeira a persoas de entre 40 e 50 anos de idade concluíu no mediodía deste domingo cunha participación do 64,77% dos citados na lonxa.

En total, segundo informa a xerencia da área sanitaria de Santiago e Barbanza, estaban chamados a participar no cribado 5.001 persoas.

Finalmente, ao longo dos catro días que durou un proceso que arrincou o xoves, acudiron 3.239 ribeirense a realizarse as probas do coronavirus, o que supón un 64,77% dos chamados.

O cribado do Sergas centrouse na franxa de idade de entre 40 e 50 anos ante o incremento de casos e “a imposibilidade de seguir a cadea epidemiolóxica en moitos deles”.

Por outra banda as vítimas en Galicia elévanse a 1.069 tras falecer 7 persoas, seis delas usuarias de residencias . As vítimas que deixa a pandemia da Covid-19 en Galicia eleváronse este domingo a 1.069, tras falecer nas últimas horas sete persoas diagnosticadas de coronavirus. De todas elas, seis eran usuarias de residencias de anciáns.

Galicia rexistra un total de 9.298 casos activos por coronavirus

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.