Progresa a tramitación para o traslado do Colexio de Coira de Portosín

19 Novembro 2020

O colexio público de Coira está máis preto de ser trasladado trala reunión en Santiago, esta semana, do alcalde do Porto do Son, Luis Oujo, e a tenente alcalde, María Maneiro, co xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

O encontro expuxo sobre a mesa o proxecto iniciado anteriormente, que consistía na rexeneración da praia de Coira. Un espazo natural ocupado por unha escola que “nunca debeu levantarse, nin se debeu de permitir facelo”, asegurou o alcalde. A reunión serviu para acercar posturas entre Costas, a Consellería de Educación e o Concello tralos múltiples problemas e debates en torno á construción da Escola de Coira en terreo de dominio público.

O Concello do Porto do Son deberá encargarse de habilitar os terreos necesarios para a nova ocupación do Colexio de Coira. Doutra banda, Costas do Estado farase cargo das obras de demolición do edificio e a posterior limpeza e preparación da zona. A Xunta de Galicia executará a construción dun novo inmoble que “satisfaga as necesidades actuais da comunidade educativa”, afirmou Luis Oujo.

Por outra parte, o Concello conceptúa que “o traslado debe realizarse canto antes debido ao elevado custe de mantemento e conservación que supón o inmoble”. A iniciativa, que ten como principal obxectivo “a recuperación dun entorno natural que nunca debeu perderse”, sitúase máis próxima.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.