Os socialistas de Ribeira piden mellorar a seguridade e a accesibilidade de Isaac Peral, en Padín

11 Novembro 2020

O PSdG-PSOE de Ribeira lanzou un rogo para ser debatido en pleno relativo á situación na que se atopa a contorna de Padín en materia de accesibilidade, poñendo o foco, especificamente, no itinerario peonil da beirarrúa de Isaac Peral, na marxe dereita en dirección subida cara a rotonda de Padín. Segundo fan saber os socialistas, o percorrido por esta beira é un percorrido de risco para persoas con problemas de mobilidade, xa que faltan elementos de protección ante caídas, malia haber un treito de gran desnivel.

A agrupación pedirá ao Concello que se habiliten os elementos horizontais de seguridade precisos, no acceso da beira aos locais comerciais correspondentes, co “obxectivo de evitar caídas e golpes entre os usuarios”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.