Os positivos en Galicia caen por primeira vez nun mes. As vítimas chegan a 981, cinco mais que onte

08 Novembro 2020


O último balance diario publicado pola Consellería de Sanidade rebaixa de 10.276 a 10.109 o número de casos activos en Galicia, o primeiro descenso desde o pasado 7 de outubro. A caída rexsitrase en seis das sete áreas sanitarias.

O descenso de activos prodúcese nunha xornada na que se rexistraron un total de 707 altas epidemiolóxicas e 541 positivos mediante as probas PCR. Sanidade tamén notificou o falecemento de cinco persoas máis, que elevan a 981 o total de vítimas mortais na comunidade desde o estalido da pandemia.

Descenden as persoas actualmente contaxiadas por Covid-19 na área de Santiago, baixan de 1.689 a 1.623; en Lugo, ten 1.127 uns 30 menos que o sábado; Ourense, onde caen de 1.096 a 1.082, así como Ferrol, que baixa de 1.089 a 1.071.
Tan só a zona de Pontevedra, que pasa de 1.229 a 1.232 casos activos, rexistra un repunte de contaxiados na que é a segunda xornada de restricións nas sete grandes cidades galegas e 53 municipios, que inclúen desde o peche perimetral ata a clausura dos establecementos hostaleiros.

A área de Vigo, que o sábado marcaba o récord da pandemia, viu como o número de casos activos caía de 2.530 a 2.503, mentres que A Coruña mantense como a segunda área con maior incidencia do coronavirus ao contar con 1.868 casos (18 menos que o sábado).


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.