O Noia FS venceu ó Santiago Futsal por 4-1 para demostrar que, a día de hoxe, é o equipo galego máis en forma da categoría, sen dúbida. O cadro de Marlon Velasco recibía a visita dos santiagueses co antecedente da Copa Galicia, un partido que rematou con empate a 0 a pesares da superioridade dos noieses.
O encontro seguiu o guión esperado, os locais dominando a posesión do balón e de forma territorial, e un Santiago FS que presentou unha defensa moi baixa e aferrouse a seu porteiro Brais como principal arma de defensa. Os primeiros minutos do encontro recordaron ó anterior encontro entre ambos conxuntos, múltiples chegadas dos noieses, pero todas magoadas por un gran Brais. Non sería ata o minuto 16 cando Palmas, logo dun disparo de lonxe, logrou superar ó porteiro visitante para abrir o derbi e poñer ó seu equipo por diante, 1-0. Unha vez tirado o muro santiagués, o Noia FS empeñouse en por terra de por medio no derbi antes de chegar ó descanso. Logo de moito insistir, Pope ,a falta de menos de un minuto para o final do primeiro período, anotou un gran gol de falta para aumentar a vantaxe dos seus, 2-0.
Á volta dos vestiarios, o conxunto dirixido por Marlon Velasco saíu como unha manada de lobos na busca da súa presa, co obxectivo de cerrar o partido canto antes. Pola contra, os composteláns estiráronse e comezaron a sentirse máis cómodos sobre o parqué do Augustín Mourís. Foi Antonio Diz, tras unha xogada a balón parado, anotaba o 3-0 no 25’ para comezar a pintar de branco o derbi.
O JERUBEX Santiago FS buscou unha rápida reacción para non meterse no partido, unha reacción que se fixo efectiva grazas a un golazo de Quintás no 32’, para axustar o marcador nos minutos finais. Pola contra, Marlon Velasco, valente, meteu a Pirata de porteiro – xogador, e este sería o encargado de cerrar o encontro logo de materializar unha gran xogada colectiva que puxo o definitivo 4-1.
Unha nova vitoria do Noia Portus Apostoli, esta vez nun derbi que como sempre tivo momentos de moita tensión, pero que non serviron para que os composteláns sacaran nada do fortín Augustín Mourís. Outro triunfo e xa van seis en seis encontros disputados nesta Segunda División Subgrupo B. A próxima semana, o cadro de MArlon Velasco pechará a primeira volta cun viaxe a Ceuta.