O Noia FS golea ao Parrulo Ferrol e accede a oitavos de final da Copa do Rei

25 Novembro 2020

Imaxe cedida polo Noia FS

O Noia Portus Apostoli conseguiu o pase para a seguinte rolda da Copa de España logo de pasar por riba do Parrulo FS por 5-1. Unha gran primeira metade, na que os de Marlon Velasco anotaron catro goles, serviulles para ter unha tarde plácida e desfrutar da vitoria co seu público.

O encontro enfrontou ó Noia FS, da Segunda División, e ó Parrulo Ferrol, da Primeira división, unha diferenza de categoría que non se plasmou no parqué do Augustín Mourís en ningún momento. Saíron máis enchufados os noieses, que no minuto 2 xa se adiantaron gracias a un bo remate de Pirata. O Noia seguiu buscando a portería ferrolá, e Luisma no 8’, e logo Rodri no 11’, atoparíana para colocarse con tres goles de vantaxe en apenas media parte. Tratou de espertar o Parrulo Ferrol, pero sería Pope, a piques de chegar ó descanso, o encargado de deixar a eliminatoria case sentenciada. Tempo de lecer e o Noia FS gañaba 4-0 acariciaba os oitavos de final da Copa do Rei.

Os segundos vinte minutos careceron de ritmo, e serviron para que o Augustín Mourís gozase do xogo dos seus. A pesares disto, Rivera anotaría o mellor gol de toda a tarde, tras un preciso disparo dende a frontal ante o que nada puido facer Adrían Tornín. Reaccionaría o conxunto ferrolán na seguinte xogada, cun gol de William, para poñer o definitivo 5-1 no electrónico. A impotencia do Parrulo Ferrol provocou un tenso final de partido, que soubo controlar moi ben Marlon Velasco dende o banco.

Unha nova vitoria para o Noia Portus Apostoli que lle serve para acceder por terceira vez na súa historia ós oitavos de final da Copa do Rei. O cadro de Marlon Velasco prepara agora o partido do vindeiro sábado fronte ao JERUBEX Santiago Futsal, correspondente á sexta xornada da competición doméstica.

Outros artigos

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.