Abreu a campaña da centola e do boi na Coruña e Pontevedra. Aguiño iniciou tamén a campaña do percebe

09 Novembro 2020

A Consellería do Mar abre este luns a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van da Guarda ata cabo Corrubedo (na provincia de Pontevedra) e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña), a frota que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir da madrugada e levar as especies á lonxa.
A campaña destes crustáceos nas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2021, que se fixará a través do correspondente plan de xestión.
A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, á que se lle engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións de artes menores e con porto base nesta comunidade así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

Pola súa banda a confradía de Aguiño decretou para este luns a apertura da campaña de invierno. Debido ás mareas non se poderá saír a faenar ata as catro da tarde e a poxa prevese que arranque sobre as sete e media. Cada produtor terá un tope diario de cinco quilogramos, aínda que esta cota aumentará no mes de decembro para aproveitar as festas.

Outros artigos

Un ferido leve nun choque no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron ao aviso dun choque entre un vehículo e unha cabeza tractora. Unha das persoas implicadas resultou ferida leve e trasladada ao hospital. Completou o servizo a Policía Local. 

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...