O Lab Barbanza enfía en novembro en Boiro a recta final da fase de incubación

05 Novembro 2020

Co remate do verán iniciou a súa andaina o proxecto Emprende – Lab Barbanza, que desenvolve o Concello de Boiro coa colaboración da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) e con financiamento da Deputación da Coruña, co obxectivo de fomentar (achegando formación e asesoramentos avanzados) o emprendemento innovador e colaborativo a nivel local e comarcal. En termos concretos, o programa Emprende Lab Barbanza busca “impulsar e fortalecer o ecosistema emprendedor actual da comarca con novas compañías baseadas no talento, a innovación e o rápido crecemento”.

A sede de operacións formativas é o Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira, onde se atopa o Centro Coworking do Concello de Boiro. Segundo nos contou o Concello, neste intre estase a levar a cabo a fase primeira do programa, a de incubación, o que implica o desenvolvemento de obradoiros que apuntalen a capacidade de éxito dos proxectos participantes. Sen ir máis lonxe, este 3 de novembro realizáronse as sesións do módulo 6 do formación, o relativo a recursos de financiamento para emprendedoras e emprendedores. Porén, están pendentes dous módulos a maiores nesta primeira fase: o módulo 7, con formación sobre mercadotecnia (marketing) e vendas (que se vai realizar o día 10 de novembro) e o módulo 8, con adestramento en materia de comunicación e presentacións (pitching), previsto para o día 17 de novembro.

O Concello confirmou que logo desta fase de acubillo elixiranse 10 proxectos entre os 18 que están a participar no Lab Barbanza, para a seguinte fase do programa. Unha das características desta primeira andaina é a variedade temática das novas propostas de mercado que reciben formación, malia ter o nexo común do innovador. De feito, hai proxectos tecnolóxicos (como unha escola online de patronaxe e deseño, unha plataforma de xestión forestal ou un proxecto para impulsar a dixitalización dos negocios tradicionais), gastronómicos ou mesmo musicais.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.