O Concello de Ribeira adxudica a ampliación do parque infantil do Colexio de Artes

24 Novembro 2020

O Concello de Ribeira avisa da adxudicación provisional da actuación que consiste na pavimentación e reordenación do parque infantil do Colexio de Artes, que conta cun prazo de realización de 2 meses.

O obxectivo da reforma sería ampliar a zona de xogos e colocar un rocódromo, ademais de engadir un novo pavimento de caucho continuo de 300 metros cadrados, rodeado de herba artificial. No parque instalarase unha liña de pluviais para evitar as pozas e os asolagamentos, de 75 metros de lonxitude. Tamén se colocarán 3 pozos de rexistro e 4 arquetas.

A empresa que acadou unha mellor clasificación despois das 16 propostas presentadas, é SunneGalicia S. L. U, cunha oferta que corresponde a un presuposto de 27.805 euros.

Outros artigos

Arrinca a campaña da centola en Galicia cun forte ritmo de descargas

O número de embarcacións dedicadas á centola, o Grove conta con 50, seguido de Testal-Noia (60), Bueu (57), Santa Uxía de Ribeira (53), Cambados (49), Cangas (42), Camariñas (35), Fisterra (29), Ferrol (26) e A Coruña (25). A conselleira do Mar destaca no Grove o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cómo tratar al peregrino”. José Fernández Lago

“Cómo tratar al peregrino”. José Fernández Lago

Esta mañana, a las 9, comenzaba en el Hostal de los Reyes Católicos un Congreso, que continuará mañana y pasado hasta las 2 de la tarde en la Facultad de Filosofía. Se trata de un encuentro de estudiosos -buena parte de ellos miembros de número de la Academia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.