O Concello de Noia clarificou dúbidas sobre as axudas para a reactivación económica

13 Novembro 2020

O alcalde de de Noia, Santiago Freire Abeijón, e a concelleira da área económica e comercio, Laura Salgado, estiveron onte pola tarde no Coliseo Noela, onde tivo lugar unha reunión informativa para autónomos e microempresas acerca das axudas PEL da Deputación para reactivar o sector comercial no contexto de COVID. Ambos membros do Concello tiveron que contestar ás preguntas e resolver as dúbidas correspondentes. En concreto, o obxectivo da reunión era solucionar as cuestións relacionadas coas axudas para a reactivación económica a través do PEL – Reactiva provincial.

As axudas poderán solicitarse a partir do día seguinte a data de publicación da resolución no BOP e ata o 25 de novembro ás 14:00 horas. As persoas que queiran conseguilas, deberán inscribirse por vía telemática, a través da sede electrónica do Concello de Noia. Ademais, poderán resolver as dúbidas a través do seguinte correo electrónico: pel.reactiva.noia.consultas@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.