O Concello de Lousame achega fondos propios para substituír a depuradora de Marracín de Abaixo

04 Novembro 2020

O Concello de Lousame vén de investir 47.531,22 euros na substitución da depuradora de Marracín de Abaixo, con capacidade para atender as necesidades de 300 habitantes. O concelleiro de Obras, Ramón Martínez, explicou que estamos ante “unha actuación que redundará nun mellor servizo aos veciños e veciñas de Marracín e nun mellor coidado do noso medio ambiente”.

Tamén engadiu que se trata dunha actuación financiada con fondos propios debido “ás reiteradas avarías que viña sufrindo esta instalación, tras máis de trece anos de funcionamento”, dixo, lembrando que “durante o primeiro semestre deste 2020, o Concello de Lousame tivo que investir máis de 6.000 euros en distintas reparacións na instalación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.