O Concello de Boiro porá a punto as instalacións deportivas da Cachada

10 Novembro 2020

O Concello de Boiro comeza as obras de reparación nas instalacións deportivas da Cachada. A idea é eliminar os problemas de filtración de auga e mellorar a iluminación e a imaxe do centro. O proxecto está financiado pola Deputación Provincial da Coruña e ten un custo total de 84.710,02 euros.

A reparación farase cando a situación meteorolóxica sexa favorábel. En total, uns 840 metros cadrados de superficie serán remodelados. O máis importante, segundo fixo saber o Cocnello, é renovar o paso que comunica o vestíbulo coa piscina, o ximnasio e o polideportivo, xa que actualmente presenta graves deficiencias. Ademais, levarase a cabo a colocación de falsos teitos e láminas de aluminio resistentes á corrosión. Cando todo isto se encontre listo, o último paso será substituír as luces existentes por LEDs de baixo consumo.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.