O Concello de Boiro continúa en Cimadevila coa renovación do alumeado

12 Novembro 2020

O Concello de Boiro levou a cabo a renovación do alumeado público na zona de Cimadevila. As 50 luminarias de vapor de socio e cor laranxa substituíronse por luces LED e de cor branca. Este investimento ten como principal obxectivo o aforro enerxético e a redución de emisións de CO2. A finalidade do Concello de Boiro é “dotar a todo o municipio dun alumeado público ecolóxico e de calidade”.

Esta iniciativa preséntase como unha continuación do plan de renovación do alumeado comezado o pasado mes de maio. Así Cimadevila súmase a Treites, Louriño, Brea, Valmaior, Vilariño, Sandrenzo, Comba, Cespón e Nine que foron os primeiros núcleos en cambiar un total de 600 luminarias. As novas LED, con potencias dende os 30w ata os 50w, contribúe co medio ambiente, reducindo os gases de efecto invernadoiro e asegurando a eficiencia enerxética e a visibilidade nos camiños e estradas.

Este investimento do Concello de Boiro de luminarias LED fabricadas en España supón un avance en canto ao seu compromiso co medio ambiente, xa que o alumeado reducirá a emisión de CO2 en ata 70 toneladas por ano. Ademais implica un aforro económico, nun total de 30.000 euros anuais. Por último, as LED posen un sistema para a telexestión remota, en caso dunha futura implantación da xestión informatizada do alumeado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.