O Concello de Boiro clausura temporalmente a área de autocaravanas de praia Xardín

A Administración autonómica decretou onte novas medidas de restrición e limitacións de mobilidade. O concello de Boiro pretende evitar aglomeracións e movementos entre municipios. Polo tanto, toma medidas de prevención ante a COVID–19 e pecha a área de autocaravanas da localidade ata que a situación etimolóxica mellore.