O Concello de Boiro celebra este xoves o pleno ordinario de novembro

17 Novembro 2020

O Concello de Boiro celebra este xoves día 19 de novembro o pleno ordinario correspondente ao mes de novembro. A sesión vaise celebrar na Casa Consistorial ás 20.00 horas e, como de costume, retransmitirase en streaming a través da canle do Concello na rede social Youtube, onde tamén se poden visualizar as sesións plenarias previas.

O Goberno local confirmou novamente que co obxecto de cumprir as normas de seguridade pautadas pola Administración autonómica para a prevención da COVID-19 e cumprir coa capacidade da sala, non se vai permitir a entrada de público.

A orde do día inclúe, entre outros moitos puntos a tratar, o convenio de colaboración entre o Concello de Boiro e o Concello de Ribeira para a recollida de animais abandonados e outras cuestións que redunden en protección e defensa dos animais de compañía; unha moción presentada polas plataformas comarcais de emigrantes retornados de Arousa norte e de Muros-Noia sobre a tributación das pensións dos emigrantes retornados; unha moción de IC Boiro sobre o estado das ruínas das instalacións da empresa Boiromar no Chazo; unha moción de IC Boiro relativa á reclamación da débeda de Repsol pola ocupación de terreos de cos depósitos de gas no parque empresarial; unha moción do PP para instar ao Goberno a que ingrese as contías do IVE non liquidadas de 2017 como consecuencia da implantación do Subministro Inmediato de Información (SII); ou unha moción de Boiro Novo/ Mixto para a constitución de dunha mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia machista.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.