O BNG denuncia a obstrución das beirarrúas por uns postes en Castiñeiras

12 Novembro 2020

O Bloque Nacionalista de Galicia de Ribeira denunciou un grave problema de accesibilidade e seguridade na parroquia de Castiñeiras, onde foron colocados uns postes, á altura dos Mosqueiros (na recta da Fonte Seca), que impiden o libre tránsito dos peóns polas beirarrúas, obrigándoos a baixar ao firme por onde circulan os vehículos, co risco que isto implica. Veciños da parroquia ribeirense de Castiñeiras puxéronse en contacto co BNG para denunciar as obras de substitución dos postes.

O voceiro do BNG, Xosé Antonio Vázquez Cobas, cualificou esta actuación de “chafallada” e criticou o que cualificou de “pasividade e a inacción de Partido Popular ante unha actuación que suporá crear un obstáculo insalvábel”, obrigando ás persoas “a camiñar por unha estrada poñendo a vida en risco e impedindo o tránsito das persoas con mobilidade reducida e dificultado a circulación de vehículos”. E engadiu: “É abraiante ver a absoluta falta de control dos traballos por parte do Concello e a impunidade coa que operan certas empresas no espazo público”, dixo.

O BNG vai demandar que o Goberno local dea explicación ante “a colocación de postes que ocupan a beirarrúa impedindo o tránsito” e “os motivos que levaron a que ninguén controlara e supervisara os traballos”. Amais, demandará a posta en marcha de medidas que garantan a accesibilidade universal en todo o municipio, tamén nas parroquias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.