O BNG de Noia require a posta en marcha do plan municipal contra a fenda dixital

04 Novembro 2020

O Bloque Nacionalista de Noia reiterou nestes comezos de novembro a necesidade de pór en marcha un plan municipal de loita contra a fenda dixital, un problema xeral de discriminación tecnolóxica (por falta de recursos, accesos e/ou formación axeitada) que se viu agravado coa crise sanitaria e que ten especial gravidade agora que se lle esixe á cidadanía, dende unha chea de frontes, unha alfabetización dixital coa que unha boa porcentaxe da poboación non conta. A petición xa fora achegada polo BNG no pleno de setembro.

Dende a formación nacionalista sinalan, que, aínda que a solicitude foi aprobada pola Corporación, non “hai novas da posta en marcha do acordo”.

O BNG lembra que “a situación actual, na que 60 concellos galegos que representan o 60% da poboación galega teñen adoptado medidas de peche do seu perímetro e importantes restricións sociais, así como as declaracións do Goberno central de estudo dun novo confinamento a partir do luns, demostran a urxencia de tomar as medidas oportunas para diminuír as desigualdades no acceso ás novas tecnoloxías”.

E engaden: “Preocúpanos as posíbeis dificultades no traballo a distancia das persoas que se vexan obrigadas a realizalo, mais, por riba de todo, as posíbeis carencias educativas en caso de confinamento ás que se verá exposto o alumnado dos centros de ensino no caso das familias que non contan cun acceso axeitado a dispositivos electrónicos e un bo sinal de Internet”.

Por estes motivos solicitan que o Goberno local se poña a traballar canto antes e conte con todas as forzas políticas para avanzar nesta cuestión.

Outros artigos

Operativo de emerxencias para sufocar o incendio nunha vivenda en Noia

Bombeiros de Boiro, GES de Noia, forzas de seguridade e o 061 mobilizáronse de urxencia para intervir no inmoble afectado. Un amplo dispositivo de emerxencias mobilizouse na xornada de hoxe tras declararse un incendio nunha vivenda situada no termo municipal de Noia....

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.