Nova vítima no CHUS pola COVID-19 na tarde do martes

10 Novembro 2020

O Sergas informa do falecemento dun home de 72 anos no Chus na tarde deste martes. A nova vítima eleva a 150 as da área sanitaria Santiago-Barbanza. O paciente tiña infección por coronavirus e contaba con patoloxías previas.

​En Galicia Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.952 deles 1.898 son da área da Coruña, 1.148 da de Lugo, 1.021 da de Ourense, 1.247 da de Pontevedra, 2.455 da área de Vigo, 1.170 da de Santiago, e 1.013 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 95 están en UCI, 514 en unidades de hospitalización e 9.343 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 31.573 persoas curadas, rexistrándose 1.009 falecementos. O número de PCR realizadas é de 756.759.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...