Noia Portus Apostoli FS – O Parrulo Ferrol: vellos coñecidos na Copa do Rei

23 Novembro 2020

O Noia FS debutará fronte ó Parrulo Ferrol nos dezaseisavos da vixente Copa de España. O cadro noiés loitará por facerse un oco na seguinte fase a costa dos ferroláns, que militan na Primeira División, e que contan nas súas filas con xogadores de nivel mundial como o ferrolán Adri, ex do Pozo Murcia, entre outros.

O encontro non será novo para ningún dos dous conxuntos, xa que existen multitude de antecedentes na mesma competición. Ata en cinco ocasións, con esta seis, se miraron cara a cara os dous equipos galegos no torneo do KO. O Parrulo Ferrol conseguiu saír vitorioso dos anteriores duelos nos dezaseisavos da Copa do Rei fronte ó Noia FS. Pola súa contra, o cadro de Marlon Velasco aférrase ó momento doce que atravesa e ó triunfo conseguido nun amigable en setembro por 1-3 contra ó Parrulo.

A eliminatoria será disputada a partido único e terá lugar no Augustín Mourís, que acollerá a un total de 60 afeccionados que tratarán de axudar ó Noia Portus Apostoli a colarse por terceira vez na súa historia nos oitavos de final da Copa do Rei.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.